domingo, 20 de noviembre de 2011

Ayla en Lucus Augusti




Para seguir indagando no meu descubrimento, decidín atopar un sitio máis privado, por así dicilo; no que ninguén puidera estorbarme ou interrumpirme (como a miña santa nai, por exemplo).

Así pois, que lugar mellor que A Cátedra?

Despois de comprar provisións para a miña árdua tarefa, procedín a concentrarme na lectura.

Continuaba así:

Comecei o meu camiño sen ter unha soa dúbida de que un futuro mellor esperábame na cidade.

Moitos dos que marcharon (a maioría) nunca voltaron; pero sí escoitei cousas moi interesantes sobre os romanos.

Segundo contan, a cidade foi formada fai un par de centurias e conta con innovacións inimaxinables.

Durante o camiño non tiven ningún tipo de percance. Sorprendeume ver uns grandes piares, chamados miliarios, e despois dinme conta de que marcaban a distancia de exactamente mil pes. O cómodo camiño polo que vaguei durante tantos días ademáis contaba con albergues nos que puiden pasar a noite tranquilamente sen preocuparme dos perigos que acechan no exterior.

Todo era novo e intersante, todos os días avanzaba e abría un novo mundo ó meu paso.

Pero, despois dunha longa viaxe por fin chegou o esperado momento.


Abríanse ante min as maxestuosas murallas da cidade de Lucus Augusti.

Como ben sabedes, é moi complicado expresar o que un mesmo sinte con palabras, pero ó menos intentareino.

A miña mirada ollaba a unha gran cidade rodeada dunha muralla todavía maior. Ó norleste uns grupiños de casas quedaban fora e desprotexidas dela por unha razón que estaba fora do meu entender.

Entón, entrei. Observei que esa xente, os chamados “romanos” eran realmente diferentes a min. Aínda que agora, se ben o penso, a que se via diferente entre eles era eu.

En xeral todo era diferente naquela inmensa cidade.

Elas ían vestidas con túnicas longas e grandes e eles cunha ampla toga, na maioria dos casos pechada por unha fíbula.


Sentinme tan distinta! Pero decidín que o primeiro sería buscar un traballo e por suposto, tería que aprender latín a duras penas se pretendía comunicarme co resto da xente; xa que ninguén falaba o meu idioma.

Vaguei varios días até encontrar un.

Observei moitas cousas na cidade que diexáronme mais que sorprendida! Estes romanos nos levaban máis que séculos de adianto! Pero falarei dos meus descubrimentos con posteridade porque vai primeiro a peculiar historia do meu traballo.

Eu adicábame a servir comidas nunha caupona:

Estes establecimentos ofrecían diversos servizos. Contando cunha menor categoría cunha taberna, porque; co meu escaso dominio do idioma dependía da benevolencia dun rapaz que herdaba a caupona do seu pai e necesitaba axuda co negocio.

Coa miña mellor sonrisa, acudia día tras día sen falta.

O meu traballo consistía en servir comida e bebida á xente que alí paraba. Foi entón cando comezou a miña pasión pólo viño. Qué bon invento! Pero non menos ca cervexa. E no noso caso, ó estar situada no baixo dunha ínsula, tamén ofrecíanos cama ó teren un piso á nosa disposición.

Había moitos estranxeiros en Lucus Augusti, adicados a todo tipo de negocios.

Eu vivía nunha ínsula; que eran edificios separados en apartamentos individuais que podían chegar ós catro pisos. Modestos e sinxelos. Debaixo das ínsulas podía haber tabernas, cauponas ou tendas de comestibles.

Que cousa máis rara esto de vivir separada da familia! Que diferenza de xerarquización da sociedade esta romana!

Pero tamén había outros tipos de vivenda para os máis privilexiados coma as domus

e as villas aínda que estas últimas adicábanse principalmente á agricultura e encontrábanse no exterior da cidade.


Obviamente había moitísimas cousas interesantes na cidade que pouco a pouco describirei a medida que fun descubríndoas cando tiven os médios para poder permitilo.

Porque , con todo, o diñeiro que Aristedes (o meu xefe) me pagaba, chegábame malamente para sobrevivir. Polo que decidín ter tamén outro traballo nas miñas horas librés agora que xa (ainda que costosamente) controlaba un pouquiño o idioma.

Poucos dias despois regresaba á miña casa despois do traballo e descubrín os laupanares…

-E nese momento tocou a alarma do meu telefono. Oito e vinte da tarde. En dez minutos ía pechar a biblioteca e tiña ainda que cruzar todo o pobo até chegar á piscina do Paseo Marítimo

Polo tanto, decidín desvelar máis tarde estas peculiares segredos da vida romana de Ayla.


7 comentarios:

  1. Está moi ben Elda. Cando empeza a contar a historia de Ayla olvídaste de que alguén a está a ler nun caderno :)

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. non entendo o que me dis de que alguén a está a ler! Son eu a que me vou ler á biblioteca nese caderno! xq o dis? caín nalgunha contradición? :S bicos Iago :)

    ResponderEliminar
  4. Claro, refírome a que olvidaba que es ti a que estás lendo a historia. Cando dis, "e nese momento tocou a alarma do meu teléfono" eu xa me olvidara de que a acción real estaba tendo lugar noutro sitio porque me metera de cheo na historia de Ayla. Bicos :)

    ResponderEliminar
  5. A unica pega que lle poño é que non aproveites mais a REALIDADE para insertar a historia de Ayla. Por exemplo viaxou a Lucus por unha calzada auténtica (que existiu de veras). Por outra banda, de Pontedeume a Lugo non levaría mais de 3 días (dous e medio calculando ben). En Lucus hai edificios certos (foro, Mitra,..etc) e casas chulas e ricas que mesmo se poden ver como a Casa dos mosaicos: Podes velas aquí: http://www.arqweb.com/lucusaugusti/domusp.asp... En fin, tan só son críticas Constructivas, que vas camiño do 9 e medio

    ResponderEliminar
  6. Xa sei que son críticas "destructivas" jajajajajaja é broma!!! x certo utilicei ese link que me puxeches sobre lucus augusti que me veu moi pero que moi ben no momento de describir a cidade!!! Pero xa puxen neste que faltábanme por dicir moitas cousas e describir emocións de Ayla ó descubrir ese novo mundo urbanizado dos romanos! pero o mostrarei no seguinte! :)
    bueno pois durante o fin de semán elaborarei un novo capítulo con toda a miña imaxinación e toda a realidade que hai nese link!!!!! :)

    ResponderEliminar
  7. Oh Iago!!! Moitísimas grazas por dicirme que estabas metido de cheo na historia! :)))) Sempre é satisfactorio que alguén lea o que escribo (a parte de Manolo claro) e que sexa o meu compañeiro!!! :)))))

    ResponderEliminar