lunes, 23 de abril de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

Seguindo o meu gusto particular, penso que non é de recibo falar do século XX en Galiza e non nomear a Celso Emilio Ferreiro.
Nacido en Celanova no lonxano 1912, tivo un papel esencial na reivindicación da esencia galega.
Na súa xuventude militou nas chamadas Mocidades Galeguistas de Celanova,  fundou a Unión do Pobo Galego xunto con outros intelectuais galegos do seu tempo. No ano 1977 foi candidato ó Senado polo Partido Socialista Galego.
É importante incurrir na súa relación coa música.
Grazas a el publicouse en Caracas o primeiro LP en galego, no que el mesmo participaba. 
"Un pobo non pode quedarse sen cancións, e coma se de sópeto, se quedara sen alma".


Velaquí vos queda unha interpretación musical da súa obra.
E, por suposto, un fragmento do que definiría sen dúbida os anos da ditadura franquista; que sumiron a España nunha "Longa Noite de Pedra"....


O Día Das Letras Galegas

Sabías cómo apareceu o chamado Día Das Letras Galegas?
É unha celebración instituída pola Real Academia Galega en 1963 coa finalidade de homenaxear ás persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da devandita lingua.
Esíxese polo menos dez anos dende o falecemento da persoa (o que me parece unha soberana tontería, xa de adicalo pois que o afortunado/a fora quen de disfrutalo).
A data, o17 de Maio, débese a que tal día como ese en 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar de "Cantares Gallegos".
Este ano dedicarase a Valentín Paz Andrade, xurista, político galeguista a escritor en ambas linguas.
Déixovos aquí un poema do mesmo, titulado "Veño da morte":


Galegos, meus irmaos,

veño de ter co-a morte.
Sin o agardar unha vez mais atopo
o ventureiro empalme con a vida.
Estóu na singladura do retorno,
con ollos recuncantes na alborada,
tímpano a se tremer en libres odas,
pernas reencanadas para andar
os camiños resucitados.
Veño da morte, irmaos, e no fardel,
pouco trouxen pra vos:
cicatrices de ferro nas palavras


As Irmandades da Fala



As Irmandades da Fala recolleron e actualizaron as aspiracións galeguistas nacidas no século XIX co Provincialismo e o Rexionalismo. A súa concepción política distínguese da dos dous movementos anteriores pola ampliación do seu espectro social e pola formulación de alternativas políticas concretas.
A primeira Irmandade foi fundada en Coruña en 1916. Un grupo de intelectuais galeguistas elixiron a Antón Vilar Ponte como conselleiro primeiro. Un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra e un xornalista destacado ó que se lle adicou o día das Letras Galegas en 1977.
A ista Irmandade seguírona outras nas principais cidades e vilas galegas, coma Santiago, Monforte, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Betanzos....
No momento de maior expansión chegou ata a haber 30.
O órgano de expresión foi o xornal "A Nosa Terra" fundado en 1916 e escrito íntegramente en galego. Foi tamén a voz do Partido Galeguista.
O proxecto político das Irmandades da Fala consistía en definir a GZ como unha nación, un país dotado de territorio, lingua, historia , institucións e cultura propias e diferenciadas.


Non só quixeron ter un poder político, senón un poder cultural e de recuperación e dignificación do galego.
"Sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos na cultura universal" A.V.P
Tamén promoveron unha serie de empresas e actividades de índole cultural que sentaron as bases do desenvolvemento e a dinamización da literatura galega no primeiro terzo do século XX.

Nacionalismo

No século XIX surxen movimentos asociados á mentalidade romántica.
Un dos principais rasgos é o nacionalismo. Todos sabemos que en España existen 3 nacionalismos principais; o galego, o vasco e o catalán; aínda que tan só o galego ten unha ideoloxía de esquerdas.
O nacionalismo consiste no sentimento de exaltación dos rasgos de identidade nacionais.
Baséase nunha herencia histórica común.
As causas do auxe deste movimento ó longo do século XIX poden ser explicados coma unha contestación ante o modelo centralista do momento, por unha crise da conciencia nacional que despois desembocou no desastre e perda das últimas colonias; por unha reivindicación da propia identidade histórica e principalmente por unha lingua propia.
Nunha España do sXIX, diversa e desigual, tal coma hoxe en día pero naquel tempo; personaxes como Alfredo Brañas comezarán a reivindicar a súa propia cultura a tradicións no chamado movemento rexionalista.
Aínda que de postura conservadora e cun grande achegamento ó carlismo.
O rexionalismo xurde en contraposición do centralismo e o sistema caciquil característico da época.
Pero dentro do mesmo cabe diferenciar 3 posturas:
Unha liberal, unha tradicionalista e unha federalista.
O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o provincialismo e o nacionalismo. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado un número considerable de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer as elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufriu unha gran crise cando faleceu Alfredo Brañas e cando Aureliano Pereira pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior nacionalismo galego xa estaba preparado.
¿Cómo podemos definir nacionalismo?
É un movemento político que reivindica o recoñecemento de Galiza como unha nación e dereito de autodeterminación para o pobo galego.
Segundo Vicente Risco:
"Emprégase a verba nacionalismo para designar o corpo de doutrinas que informan todo movemento de reivindicación da personalidade dos grupos naturais por frente da sorbencia dos Estados históricos. Neste mesmo senso empregámola nós. Nacionalismo galego quere dicir polo tanto, a doutrina que informa o movemento de reivindicación da personalidade de Galiza frente da sorbencia do centralismo español".
Pero o Nacionalismo, propiamente dito, nace coas Irmandades da Fala en 1916.


martes, 3 de abril de 2012

Choramos bágoas de cinza




Furia, sufrimento, dor, odio, repulsión, impotencia...
Ver o lume devorando o corazón de todo o galego que se precie.










Despois de esta acción miserable, fose causada polo que fose; debemos tomar parte no asunto!
"Hablar de que el incendio de las Fragas do Eume es una cuestión de falta de prevención no se sostiene de ninguna manera", dicía  o secretario xeral de Montes e Medio Rural da Xunta (Fernández Couto).
Segundo a Xunta, a actividade dos supostos pirómanos é autóctona en GZ, xa que non se pode comparar a outras zonas de España.
Define a coordinación a a actuación dos medios como eficaz e rapida; cando, segundo os veciños da Capela; estiveron loitando contra o lume para que non arrasara as súas casas.
Cito textualmente a un velliño que saiu na tele explicando a precaria situación: "Non había nin Dios".

Dalgunha maneira, os feitos xa non se poden cambiar... Pero os que están na obriga de defender este tesouro non están facendo o seu cometido!

Está claro que, se non as protexemos nós, quén o vai facer??
Estas desgracias poderíanse evitar, se se quixera.
Tanto por parte de uns, como de outros; as Fragas, son de todos.
Non podemos permitir que isto pase!
Formade parte da plataforma para a defensa das Fragas do eume.  e vos enteraredes das noticias actualizadas!
Sacade as vosas conclusións do que nos está sucedendo!