viernes, 25 de noviembre de 2011

Relixión: Crenza ou adoctrinamento?

Quedeime bastante pensativa despois da anterior clase de Historia e Xeografía de Galicia; o tema do que falamos foi a entrada da relixión cristiá en todo o Imperio Romano e o que isto conlevou...
Eu, antes de estas clases, realmente pensaba que os romanos entraran na península conquistando, loitando, impoñendo o seu idioma e queimando todo ó seu paso (case coma Atila, rey dos Hunos).

Pero a realidade é moi diferente das ideas que eu tiña na miña cabeza: Os romanos, entraron pacíficamente no noso territorio, os castrexos que por entonces aquí habitaban non foron para nada perturbados e non impoñeron o seu idioma; senón que había que aprender este porque era necesario o medio de comunicación para abrirse paso e buscar un lugar no novo mundo que estaba a nacer. Moitos aínda quedaron nos castros, pero outros decidiron coñecelo.
Ademáis, os romanos eran completamente tolerantes: tanto na relixión (aceptaban e respectaban todas), como no dereito (aínda nós temos as bases e estudamos o dereito romano), coma no sexo (considerábano un presente dos deuses). Pero ¿os romanos non perseguían antes ós cristianos; que tiñan que esconderse nas catacumbas para poder facer culto ao seu deus? Entón eu respondo, sí. Os romanos os perseguían xa que como ben dixen antes, eles eran tolerantes con todas as relixións; e pola contra, os cristiáns defendían que só podía existir un deus e unha relixión (a súa). Para demostrar esta tolerancia está o exemplo do templo de deusa exipcia Isis na actual provincia de Lugo.

Tamén fixéronse aperturas destas catacumbas aquí moi cerca noso, na capital de Santiago de Compostela, e non encontraron os restos do Apóstolo Santiago. Como dí neste artigo da Voz de Galicia:
"Lo que no ha aparecido en la necrópolis son pruebas que confirmen que los restos del Apóstol se encontraran allí, aunque como explicaba el deán de la catedral, José María Díaz, tampoco de que no lo hiciesen. "Por lo que todo es conforme a la tradición, aunque no probativo", concluía.
Todo isto ven a conto da historia de Prisciliano, da que seguidamente vos falarei...

Coa chegada de
Constantino "O Grande" : A relixión cristiana convertiuse na relixión oficial do Imperio.
Comezou a intolerancia relixiosa, a persecución ós que non foran cristianos; e a diferente concepción da vida; con un Deus xusticiero e poderoso. Por suposto, é básico coñecer a historia de Prisciliano (para mín era tamén un descoñecido) e valorar o seu papel na historia. Ademáis, él era galego. Prisciliano defendía cousas coma o ascetismo, a seu pensamento era de carácter igualitario e libertario. Os cristianos acusárono de facer maxia en reuniones nocturnas nos bosques con mulleres e gnosticismo. Como eu o entendo nesta páxina explica que o gnosticismo quere dicir que "a materia é mala e a nosa alma é boa". Polo tanto, a alma está atrapada no mundo material. ¿Vos soa tamén a un certo platonismo?. Pero bueno, ó caso; acusárono tamén pola sú concepción sabeliana do misterio da Trinidade.
Pero xunto con él tamén perseguiron a moitos máis que non eran afíns as súas ideas coas dos cristiáns.
Así pois, comezou tamén a concepción de "pecado" e a prohibición de cousas (coma as termas e baños romanos) que ata entón formaban parte da vida cotidiana de calqueira romano.

Este retroceso (dendo o meu punto de vista, claramente) chega ata o Renacemento, cando "renace" (valga a redundancia), a concepción do home coma centro de todas as cousas, o humanismo.

Entón, eu pregunto: ¿Coñecen realmente todos os cristiáns a súa verdadeira historia?¿Pódese defender a violencia en nome de calqueira deus?¿Temos que estar abertos ás ideas de alguén que é en realidade intolerante con outras relixións?

Eu, respecto a todas e cada unha das relixións; pero por suposto non estou de acordo coa intolerancia, coa mentira ou co adoctrinamento. Grazas á evolución do mundo e o acceso de calqueira á historia, á verdade, e á cultura podemos saber todas estas cousas.
Porque a miña liberdade acaba onde comeza a do outro, e ningún deus nin ningunha relixión poderá influír na miña vida ou nos meus pensamentos.

Entón, humildemente, eu pregunto... ¿Quén coñece de verdade a realidade da nosa historia?¿Qué pensades vós?
Aquí deixo o polémico texto...

jueves, 24 de noviembre de 2011

Curiosidades romanas.

Aquí deixo uns datiños curiosos sobre algunhas cousas dos romanos...

Elas, as mulleres romanas, consideraban moi estético unir as cellas sobre o seu nariz
(obviamente isto é totalmente contrario ó noso "cánon" de beleza actual). Para conseguir esto, facían unha mestura de moscas secas (sí, ledes ben; moscas secas) e ovos de formiga; todo machacado. Pero non só o facían con est finalidade senón que tamén o aplicaban nas pestañas (o rimmel daquel momento, vamos).

Na cuestión de depilación; igual pensamos que eras peludos xa que non tiñan métodos para poder depilarse, pero é totalmente incorrecto!!! As mulleres se depilaban enteiras, utilizando un método cunha substancia chamada "dopax" e ceras a base de resinas. Aínda que tamén utilizaban a pinza (forcipes aduncae).

Tamén algúns homes depilábanse enteiros. Así que é moi errónea a concepción de "metrosexual" de hoxe en día...

domingo, 20 de noviembre de 2011

Ayla en Lucus Augusti




Para seguir indagando no meu descubrimento, decidín atopar un sitio máis privado, por así dicilo; no que ninguén puidera estorbarme ou interrumpirme (como a miña santa nai, por exemplo).

Así pois, que lugar mellor que A Cátedra?

Despois de comprar provisións para a miña árdua tarefa, procedín a concentrarme na lectura.

Continuaba así:

Comecei o meu camiño sen ter unha soa dúbida de que un futuro mellor esperábame na cidade.

Moitos dos que marcharon (a maioría) nunca voltaron; pero sí escoitei cousas moi interesantes sobre os romanos.

Segundo contan, a cidade foi formada fai un par de centurias e conta con innovacións inimaxinables.

Durante o camiño non tiven ningún tipo de percance. Sorprendeume ver uns grandes piares, chamados miliarios, e despois dinme conta de que marcaban a distancia de exactamente mil pes. O cómodo camiño polo que vaguei durante tantos días ademáis contaba con albergues nos que puiden pasar a noite tranquilamente sen preocuparme dos perigos que acechan no exterior.

Todo era novo e intersante, todos os días avanzaba e abría un novo mundo ó meu paso.

Pero, despois dunha longa viaxe por fin chegou o esperado momento.


Abríanse ante min as maxestuosas murallas da cidade de Lucus Augusti.

Como ben sabedes, é moi complicado expresar o que un mesmo sinte con palabras, pero ó menos intentareino.

A miña mirada ollaba a unha gran cidade rodeada dunha muralla todavía maior. Ó norleste uns grupiños de casas quedaban fora e desprotexidas dela por unha razón que estaba fora do meu entender.

Entón, entrei. Observei que esa xente, os chamados “romanos” eran realmente diferentes a min. Aínda que agora, se ben o penso, a que se via diferente entre eles era eu.

En xeral todo era diferente naquela inmensa cidade.

Elas ían vestidas con túnicas longas e grandes e eles cunha ampla toga, na maioria dos casos pechada por unha fíbula.


Sentinme tan distinta! Pero decidín que o primeiro sería buscar un traballo e por suposto, tería que aprender latín a duras penas se pretendía comunicarme co resto da xente; xa que ninguén falaba o meu idioma.

Vaguei varios días até encontrar un.

Observei moitas cousas na cidade que diexáronme mais que sorprendida! Estes romanos nos levaban máis que séculos de adianto! Pero falarei dos meus descubrimentos con posteridade porque vai primeiro a peculiar historia do meu traballo.

Eu adicábame a servir comidas nunha caupona:

Estes establecimentos ofrecían diversos servizos. Contando cunha menor categoría cunha taberna, porque; co meu escaso dominio do idioma dependía da benevolencia dun rapaz que herdaba a caupona do seu pai e necesitaba axuda co negocio.

Coa miña mellor sonrisa, acudia día tras día sen falta.

O meu traballo consistía en servir comida e bebida á xente que alí paraba. Foi entón cando comezou a miña pasión pólo viño. Qué bon invento! Pero non menos ca cervexa. E no noso caso, ó estar situada no baixo dunha ínsula, tamén ofrecíanos cama ó teren un piso á nosa disposición.

Había moitos estranxeiros en Lucus Augusti, adicados a todo tipo de negocios.

Eu vivía nunha ínsula; que eran edificios separados en apartamentos individuais que podían chegar ós catro pisos. Modestos e sinxelos. Debaixo das ínsulas podía haber tabernas, cauponas ou tendas de comestibles.

Que cousa máis rara esto de vivir separada da familia! Que diferenza de xerarquización da sociedade esta romana!

Pero tamén había outros tipos de vivenda para os máis privilexiados coma as domus

e as villas aínda que estas últimas adicábanse principalmente á agricultura e encontrábanse no exterior da cidade.


Obviamente había moitísimas cousas interesantes na cidade que pouco a pouco describirei a medida que fun descubríndoas cando tiven os médios para poder permitilo.

Porque , con todo, o diñeiro que Aristedes (o meu xefe) me pagaba, chegábame malamente para sobrevivir. Polo que decidín ter tamén outro traballo nas miñas horas librés agora que xa (ainda que costosamente) controlaba un pouquiño o idioma.

Poucos dias despois regresaba á miña casa despois do traballo e descubrín os laupanares…

-E nese momento tocou a alarma do meu telefono. Oito e vinte da tarde. En dez minutos ía pechar a biblioteca e tiña ainda que cruzar todo o pobo até chegar á piscina do Paseo Marítimo

Polo tanto, decidín desvelar máis tarde estas peculiares segredos da vida romana de Ayla.


domingo, 13 de noviembre de 2011

a historia de Ayla


Despois dunha longa clase de Historia e Xeografía de Galicia cheguei á miña casa cos ánimos renovados (aínda que tiven que abandonar a cama moi ó meu pesar ás 6 da mañá) e decidín evadirme un pouco lendo o marabilloso universo de Xosé Miranda.
Así pois, adentreime na biblioteca da miña casa e fun directamente á captura de Morning Star.
Para a miña sorpresa, non estaba no seu sitio; polo tanto, escrutei todas as anaquelerías na súa busca e non din con el.



No seu lugar estaba un gran libro de grosas tapas de pel que chaou a miña atención. Abrino, xa que non tiña nada escrito nin na portada, contraportada ou no lomo.
-Qué estraño un libro sen título e sen ningunha información!. Pensei eu.
Pero iso non era o máis estraño daquel pequeno tesouro que apenas acabara de encontrar. ¡Ningunha páxina estaba escrita! Ningunha, agás o primeiro capítulo.


Continuei co meu asombro pero nese momento notei unha siniestra presenza detrás de min...
Inmediatamente dinme conta de que era Cheshire (o meu estimado gato). Polo tanto, continuei coa miña interesante lectura; que comezaba así:
CCLVII
Querido diario:
Chámome Ayla e son unha rapaza de dezaoito anos. Vivo no castro de Bergantiños coa miña nai e o meu irmán pequeno que ten dous anos. O meu pai despeñouse polas rochas cando estaba a marisquear e afogouse nas escuras augas deixándonos atrás a todos.
Por esta situación, a miña nai non nos pode manter a min e ao meu irmán xa que como toda muller aquí nos castros só practica a agricultura. Esto só nos permite malvivir. Moitas veces non teriamos que levarnos á boca se non fora pola solidaridade dos nosos veciños, que moi amables nos prestan axuda e se compadecen da nosa desgracia.
Ó verme soa con 18 anos e sen nada que ofrecer; a miña nai tiña a intención de desposarme cun veciño coñecido do castro, famoso nno lugar polo seu gusto pola cervexa e a festa. Mellor sería esto que morrer de fame, pero ante tal solución decanteime por outra moi diferente.
Decidín partir cara ao novo mundo. Moitos rapaces habitantes do noso castro partiron tamén e comezaron unha nova vida alí. Eu tamén quero ser un deles.
O meu destino é Lucus Augusti. Unha gran cidade, según contan.
Pero todavía me queda moito camiño por facer...
Nese momento, miña nai irrumpiu na biblioteca:
-Que fas alí parada como un estandarte?- Espetoume.
E entón, como eu tiña o propósito de que o meu descubrimento fose somentes meu e continuara sendo un segredo, contesteille:
-Buscar información para a miña clase de Historia e Xeografía de Galicia, que xa sabes que o profesor nos ten moi puteados e temos que ir ó día...
-Vale, vale. Entón non te molesto máis.- Contestou ela.

Pero como o meu estómago xa estaba pedindo a gritos algo de comida, despedinme de Ayla e a súa historia (polo momento).

sábado, 5 de noviembre de 2011

maraBillas

Polo medio desas dúas montañas vai, abríndose camiño e cada vez con menos caudal, o río Eume, que nace na Serra do Xistral e desemboca na marabillosa Ría de Pontedeume, chamada Ría de Ares e que abarca ata a Ría de Ferrol. Persoalmente, esta é unha das vistas que máis me chaman a atención. A simple vista, pola súa gran orixinalidade pero, para expresar o outro ao que me refiero creo que deberíades visitalo, xa que só se sinte se estás de corpo presente. É todo. É o conxunto. O ambiente: respirar ese aire cheo de pureza que inunda as fragas, disfrutar de toda a natureza que as compoñen, tanto o relevo coma a flora e a fauna.


Este é un dos lugares ós que hai que acudir dúas veces ó ano, polo cambio cromático da súa espectacular vexetación.



Baixando polo río Eume ata a súa desembocadura na ría de Ares, nos encontramos cunha gran ponte de pedra, que é a principal vía de entrada para Pontedeume. Tamén hai unha ponte de ferrol, pero por alí "suponse" que só ten que pasar o tren cos seus pasaxeiros; aínda que non sempre se cumpra esto.
A historia cóntanos que esta ponte de pedra de Pontedeume foi primeiramente feita de madeira, remontándonos á época Medieval. Formaban esta ponte 78 arcos en primeiro momento. A ponte que hoxe en día coñecemos (a que observas na fotografía) consta só de 15 e é a misma que se rematou de constuir en 1889.
Nesta foto, calquera persoa pode observar a parte de enriba da Torre que preside o meu pobo, o Torreón dos Andrade; pero eu tamén apreciaría o que ven os meus ollos todos os días, e ao seu lado a casa de miña avoa.

martes, 1 de noviembre de 2011

Boas noites mundo...


Parece ser que aquí da comezo o meu blog, como o Outono.
Segundo eu teño pensado e planeado, este vai ser un espazo no que den cabida cousas moi diversas como entradas de opinión que todos poidamos comentar xuntos, novas noticias interesantes sobre Galiza, diferentes recomendacións sobre películas, libros e música, citas célebres de autores ou das miñas películas favoritas...
Todavía non controlo moito (por non dicir nada) deste mundo, así que espero que pouco a pouco esto vaia collendo forzas e funcionando mellor progresivamente, por suposto, con moita axuda :)
Non teño nada máis interesante que dicir así que...
¡vamos adiante co asunto!