lunes, 23 de abril de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

Seguindo o meu gusto particular, penso que non é de recibo falar do século XX en Galiza e non nomear a Celso Emilio Ferreiro.
Nacido en Celanova no lonxano 1912, tivo un papel esencial na reivindicación da esencia galega.
Na súa xuventude militou nas chamadas Mocidades Galeguistas de Celanova,  fundou a Unión do Pobo Galego xunto con outros intelectuais galegos do seu tempo. No ano 1977 foi candidato ó Senado polo Partido Socialista Galego.
É importante incurrir na súa relación coa música.
Grazas a el publicouse en Caracas o primeiro LP en galego, no que el mesmo participaba. 
"Un pobo non pode quedarse sen cancións, e coma se de sópeto, se quedara sen alma".


Velaquí vos queda unha interpretación musical da súa obra.
E, por suposto, un fragmento do que definiría sen dúbida os anos da ditadura franquista; que sumiron a España nunha "Longa Noite de Pedra"....


O Día Das Letras Galegas

Sabías cómo apareceu o chamado Día Das Letras Galegas?
É unha celebración instituída pola Real Academia Galega en 1963 coa finalidade de homenaxear ás persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da devandita lingua.
Esíxese polo menos dez anos dende o falecemento da persoa (o que me parece unha soberana tontería, xa de adicalo pois que o afortunado/a fora quen de disfrutalo).
A data, o17 de Maio, débese a que tal día como ese en 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar de "Cantares Gallegos".
Este ano dedicarase a Valentín Paz Andrade, xurista, político galeguista a escritor en ambas linguas.
Déixovos aquí un poema do mesmo, titulado "Veño da morte":


Galegos, meus irmaos,

veño de ter co-a morte.
Sin o agardar unha vez mais atopo
o ventureiro empalme con a vida.
Estóu na singladura do retorno,
con ollos recuncantes na alborada,
tímpano a se tremer en libres odas,
pernas reencanadas para andar
os camiños resucitados.
Veño da morte, irmaos, e no fardel,
pouco trouxen pra vos:
cicatrices de ferro nas palavras


As Irmandades da Fala



As Irmandades da Fala recolleron e actualizaron as aspiracións galeguistas nacidas no século XIX co Provincialismo e o Rexionalismo. A súa concepción política distínguese da dos dous movementos anteriores pola ampliación do seu espectro social e pola formulación de alternativas políticas concretas.
A primeira Irmandade foi fundada en Coruña en 1916. Un grupo de intelectuais galeguistas elixiron a Antón Vilar Ponte como conselleiro primeiro. Un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra e un xornalista destacado ó que se lle adicou o día das Letras Galegas en 1977.
A ista Irmandade seguírona outras nas principais cidades e vilas galegas, coma Santiago, Monforte, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Betanzos....
No momento de maior expansión chegou ata a haber 30.
O órgano de expresión foi o xornal "A Nosa Terra" fundado en 1916 e escrito íntegramente en galego. Foi tamén a voz do Partido Galeguista.
O proxecto político das Irmandades da Fala consistía en definir a GZ como unha nación, un país dotado de territorio, lingua, historia , institucións e cultura propias e diferenciadas.


Non só quixeron ter un poder político, senón un poder cultural e de recuperación e dignificación do galego.
"Sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos na cultura universal" A.V.P
Tamén promoveron unha serie de empresas e actividades de índole cultural que sentaron as bases do desenvolvemento e a dinamización da literatura galega no primeiro terzo do século XX.

Nacionalismo

No século XIX surxen movimentos asociados á mentalidade romántica.
Un dos principais rasgos é o nacionalismo. Todos sabemos que en España existen 3 nacionalismos principais; o galego, o vasco e o catalán; aínda que tan só o galego ten unha ideoloxía de esquerdas.
O nacionalismo consiste no sentimento de exaltación dos rasgos de identidade nacionais.
Baséase nunha herencia histórica común.
As causas do auxe deste movimento ó longo do século XIX poden ser explicados coma unha contestación ante o modelo centralista do momento, por unha crise da conciencia nacional que despois desembocou no desastre e perda das últimas colonias; por unha reivindicación da propia identidade histórica e principalmente por unha lingua propia.
Nunha España do sXIX, diversa e desigual, tal coma hoxe en día pero naquel tempo; personaxes como Alfredo Brañas comezarán a reivindicar a súa propia cultura a tradicións no chamado movemento rexionalista.
Aínda que de postura conservadora e cun grande achegamento ó carlismo.
O rexionalismo xurde en contraposición do centralismo e o sistema caciquil característico da época.
Pero dentro do mesmo cabe diferenciar 3 posturas:
Unha liberal, unha tradicionalista e unha federalista.
O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o provincialismo e o nacionalismo. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado un número considerable de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer as elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufriu unha gran crise cando faleceu Alfredo Brañas e cando Aureliano Pereira pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior nacionalismo galego xa estaba preparado.
¿Cómo podemos definir nacionalismo?
É un movemento político que reivindica o recoñecemento de Galiza como unha nación e dereito de autodeterminación para o pobo galego.
Segundo Vicente Risco:
"Emprégase a verba nacionalismo para designar o corpo de doutrinas que informan todo movemento de reivindicación da personalidade dos grupos naturais por frente da sorbencia dos Estados históricos. Neste mesmo senso empregámola nós. Nacionalismo galego quere dicir polo tanto, a doutrina que informa o movemento de reivindicación da personalidade de Galiza frente da sorbencia do centralismo español".
Pero o Nacionalismo, propiamente dito, nace coas Irmandades da Fala en 1916.


martes, 3 de abril de 2012

Choramos bágoas de cinza




Furia, sufrimento, dor, odio, repulsión, impotencia...
Ver o lume devorando o corazón de todo o galego que se precie.










Despois de esta acción miserable, fose causada polo que fose; debemos tomar parte no asunto!
"Hablar de que el incendio de las Fragas do Eume es una cuestión de falta de prevención no se sostiene de ninguna manera", dicía  o secretario xeral de Montes e Medio Rural da Xunta (Fernández Couto).
Segundo a Xunta, a actividade dos supostos pirómanos é autóctona en GZ, xa que non se pode comparar a outras zonas de España.
Define a coordinación a a actuación dos medios como eficaz e rapida; cando, segundo os veciños da Capela; estiveron loitando contra o lume para que non arrasara as súas casas.
Cito textualmente a un velliño que saiu na tele explicando a precaria situación: "Non había nin Dios".

Dalgunha maneira, os feitos xa non se poden cambiar... Pero os que están na obriga de defender este tesouro non están facendo o seu cometido!

Está claro que, se non as protexemos nós, quén o vai facer??
Estas desgracias poderíanse evitar, se se quixera.
Tanto por parte de uns, como de outros; as Fragas, son de todos.
Non podemos permitir que isto pase!
Formade parte da plataforma para a defensa das Fragas do eume.  e vos enteraredes das noticias actualizadas!
Sacade as vosas conclusións do que nos está sucedendo!

lunes, 26 de marzo de 2012

pequena barrenada


Unha noite que non remataba.
Unha longa noite pechado entre catro paredes e 3 metros cadrados.
Sen comida, sen auga, sen nada.
Coas máns prendidas na espalda e encadeado coma se fose un criminal.
Todo polo ben da miña patria, dicían. Sí, todo polo ben de España.
As horas pasaban, ou non; eu non tiña máis indicador que unha pequena franxa entre dúas pedras pola que entraba un pouco de luz. Por alí podía albiscar se por fin saían os primeiros raios de sol.
Pero... todo isto, ¿para qué? ¿con qué fin?
¿Sabía eu se me soltarían ó comezar o día? ¿Sabía eu qué sería de min, máis que estar pechado coma un can entre esas catro terribles paredes?
Non o sabía, non, pero quedábame polo menos a esperanza.
Despois de días sufrindo todas as inmundicias que vos podedes imaxinar, xa estaba canso de facerlle pensar nada máis á miña cabeza. Por un momento tiña que descansar. Ou, ¿era eso o que pretendían? Para que así non lles dera máis a lata coas miñas ideas "revolucionarias"(segundo eles as chamaban)a contra natura.
¿Era eso o que pretendían para pillarme coa guardia baixa e que nunca máis volvera a ser o de antes?
Non o conseguirían, non.
Foi entonces cando escoitei o ruido dunhas botas que viñan acercándose cada vez máis ó lugar (se así se lle podía chamar) onde me tiñan recluído coma un criminal.
Soaron unhas chaves; pero tardei aínda uns minutos ata poder velo.
Sería novo; non encontraba a chave correcta para abrir.
Pero sucedeu.
Por fin apareceu unha sombra que alcancei a ver pola rendixa.
A cando abriu, vin unha cara diferente.
Diferente, sí. Diferente a todas as que vira en todo o tempo que levaba alí pechado.
Era unha cara nova, que non tiña os rasgos das que xa eu moi ben coñecía.
Era un rapaz, de como moito uns 20 anos, pero no seu rostro apreciábase algunha marca...
A miña vista concentrouse nos seus ollos; xa sabedes, a mirada é casi o único sincero que posúen os seres humanos; se así se lles podía chamar a aqueles cos que levaba convivindo xa un tempo.
A súa mirada era limpa, clara. Non coma as demáis.
Tiña os ollos verdes aceituna, e non podía apartar a vista de min.
Cecais estiven observándoo moito tempo, pero cando me din conta mireille as mans e non as podía parar de mover inconscientemente. Estaba algo inquieto.

Rompín o silencio.
-¿Eres novo aquí? A túa cara non me é coñecida.
-Shh! Veño a axudarte.
-¿A axudarme a mín?
-Se continúas falando nese tono pode ser que ademáis de non axudarte morra pola túa culpa!
- ...
-Rapido, fuxe o máis rápido que podas, eu son novo aquí e non me reprenderán demasiado se digo que me agrediches e logo escapaches!
-Pero, isto ¿por qué?
-Deixa de tanto preguntar, parece que aquí son eu o maior en tanto ó que se refire á cabeza, porque a ti fáltache! Escoitaránnos e morreremos os dous se nos saes dunha maldita vez de aquí !
-Entón só direiche que grazas.

Cando por fin chegei ós montes, despois de todo o que os meus pulmóns resistiron mentres corría como nunca na miña vida; dinme conta de quen era ese rapaz.
Pero primeiro terei que dicir quén son eu para aclarar de todo as cousas. Chámome Felipe Sobrino Taboada, e ante todo son galego.
Por defender os meus ideais, levo media vida sendo perseguido.
Imparto clases na Universidade de Santiago.
Neste, o meu país, parece ser que as cousas seguen a estar tan inestables como de costume.
Aínda despois do gran logro das Cortes de Cádiz en 1812, a ignorancia  eo analfabetismo do pobo seguen tan vixentes como na Idade Media.
Senón é para mín incomprensible que poidan esixir que os priven das súas liberdades! Chamándose a sí mesmos "encadeados"...
Eu sigo defendendo que será pola súa ignorancia máis que pola súa convicción. Aínda que se fala mellor por experiencia que por convicción; e por iso é polo que falo eu, que fun xa reprendido por ese arcaico sistema chamado Antigo Réxime que me priva das miñas liberdades.
¿É un insulto cara o monarca esixir unha separación de poderes?
¿É un insulto para él que o pobo teña igualdade tanto de oportunidades como ante a lei? ¿É un insulto que todos teñamos a posibilidade de educarnos para polo menos saber ler e escribir, aínda que non sexamos uns privilexiados; se non somos nin membros do clero nin de familia de linaxe?
España vive un grave retroceso na súa historia.
Un triunfo foi esta corta etapa que durou tres anos, á que lle debemos ó xeneral Riego o ocurrido nas Cabezas de San Juan.
Pero, parece ser que é imposible defender a liberdade neste país.
Xosé Bonaparte iluminaba o noso futuro e o dos nosos fillos coas ideas da Ilustración. Fundamentándose na supremacía da razón.
Se mesmo, segundo o seu irmán Napoleón España era un pobo de bárbaros dominado por un clero fanático.
Xose abríanos a porta ó arte co seu museo Josefino que rematou por ser inviable por diversas razóns, á educación, á modernización de España.
¿Qué fixo o pobo? Chamalo Pepe Botella e botalo.
¿Qué lle chamaban ó monarca absolutista que oprimía ó pobo e o mantiña na máis remota ignorancia  desigualdade? O desexado. Sí, o desexado.
Si en realidade España é unha contradicción en sí mesma.

Eu, agora, terei que irme ó exilio.
Supoño que o meu destino será Inglaterra; que promete un futuro mellor que isto.


.............................................................................

Reflexión:
¿Por qué un home que ven do século XVIII, ten que buscar as mesmas opcións (emigración) que buscan hoxe en día a maioría da xuventude preparada no noso país?
Vos que pensades?
Porque a emigración, aínda que non sexa polos mesmos motivos (exilio político) xa que hoxe temos un réxime "democrático" (nalgunhas cousas), segue estando vixente hoxe en día, por motivos de traballo.
Aínda que mesmo na época franquista, e emigración era case igual que antes, por motivos políticos ou somentes pola necesidade de mandar algo á familia que morría de fame nestas terras.
Hoxe en día, a maioría é xente preparada que emigra cun título debaixo do brazo; porque o seu propio país, o que contribuíu á súa formación; non lle pode ofrecer ningún traballo.


martes, 20 de marzo de 2012

unha pequena dose do Ideal Ilustrado

No cadro dun cambio na filosofía moderna, do saber escolástico ó saber racional; o racionalismo. Este lle precede á ilustración. As ideas da Ilustración básanse na supremacía da razón, e de ista como base de coñecemento para todas as cousas.


O concepto de vida cambiou mellorando terriblemente, xa que os homes non vivían nun valle de lágrimas como na alta Idade Media, reconfortándose con que noutra vida estarían disfrutando eternamente do paraíso.
Os homes (e mulleres) con ideas ilustradas, tiñan outra nova e renacente concepción da vida.
Agora, ademáis de ter unha vida para traballar e morrer pobre e traballando; unha vida era algo máis.
Unha vida era todo, o que quedaba por aprender. A apertura da mente e a tolerancia. O combate da superstición e da ilóxica tradición.
Os ideal do home ilustrado, adiantado ó seu tempo, pode identificarse coma o fidalgo na idade de Ouro.


As tinieblas e a oscuridade do dominio do coñecemento pola relixión ilumináronse pola razón como base de todo saber.
O necesario coñecemento, afán de cultura e didáctico típico dos ilustrados e do século XVIII "docere delectando". O medio literario capaz de transmitir mellor o ideal ilustrado foi o teatro. Era a mellor forma de conectar directamente co público, a maneira máis eficaz de achegarlle ó pobo as novas ideas que viñan innovadoras de Europa, e á vez facerlles aprender algo.


Estes ilustrados veneraban o saber clásico, grecolatino. Polo tanto, sería fundamental dominar ambas culturas.
Tamén a recuperación das 3 unidades: lugar, acción, tempo.
Unha mesma acción, nun mesmo lugar, nun plazo máximo de 24 horas.
Desaparece a mestura de xéneros para evitar a confusión, para que todo quede máis claro!


Tivo unha gran influencia en aspectos económicos, políticos e sociais da época.
Chegando (como todo) con retraso a España, os principais ilustrados non tiveron moita trascendencia na historia do noso país xa que os principais dirixentes ( e sobre todo a Igrexa) minaron e intentaron esvaecer todos os esforzos para a xerminación das ideas ilustradas en España.
Ademáis, a decadencia profunda coa que se encontraba o país tampouco facilitou a súa difusión.


Aínda que o teatro como antes dixen, era o medio máis adecuado para a difusión das ideas ilustradas, tamén foi característico deste século o ensaio.
No panorama literario do XVIII encontramos tres tendencias que conviven:
O posbarroco, que aínda prevalece dende o século anterior, aínda que con menos forza.
Dentro deste, un subxénero que é o rococó (do que é característico Torres Villarroel). É un barroco menor refinado e elitista. Intentan imitar a grandes como Quevedo ou Góngora pero carecen do seu xenio creador.
O neoclasicismo, que consiste na recuperación dos saberes clásicos grecolatinos e a recuperación das 3 regras. Cun linguaxe culto.
O prerromanticismo, que vai abrindo camiño ó que será a corriente literaria característica do século seguinte; que fai plausible o poder dos sentimentos frente á razón.


Autor ensaísta galego ademais de principal ilustrado español foi Benito Jerónimo Feijoo.
Observamos o seu adianto ó seu tempo, por exemplo, entre tantas cousas, á defensa da igualdade e capacidade da muller frente ó home. Defende unha igualdade. Podemos facer exactamente o mesmo, soamente hai que prepararse para elo!


“En grave empeño me pongo”, “Esos discursos contra las mujeres son de hombres superficiales”, “aquel juicio sería sin duda errado”
entro en la contienda "
En lo moral las llena de defectos y en lo físico de imperfecciones”.