domingo, 13 de noviembre de 2011

a historia de Ayla


Despois dunha longa clase de Historia e Xeografía de Galicia cheguei á miña casa cos ánimos renovados (aínda que tiven que abandonar a cama moi ó meu pesar ás 6 da mañá) e decidín evadirme un pouco lendo o marabilloso universo de Xosé Miranda.
Así pois, adentreime na biblioteca da miña casa e fun directamente á captura de Morning Star.
Para a miña sorpresa, non estaba no seu sitio; polo tanto, escrutei todas as anaquelerías na súa busca e non din con el.



No seu lugar estaba un gran libro de grosas tapas de pel que chaou a miña atención. Abrino, xa que non tiña nada escrito nin na portada, contraportada ou no lomo.
-Qué estraño un libro sen título e sen ningunha información!. Pensei eu.
Pero iso non era o máis estraño daquel pequeno tesouro que apenas acabara de encontrar. ¡Ningunha páxina estaba escrita! Ningunha, agás o primeiro capítulo.


Continuei co meu asombro pero nese momento notei unha siniestra presenza detrás de min...
Inmediatamente dinme conta de que era Cheshire (o meu estimado gato). Polo tanto, continuei coa miña interesante lectura; que comezaba así:
CCLVII
Querido diario:
Chámome Ayla e son unha rapaza de dezaoito anos. Vivo no castro de Bergantiños coa miña nai e o meu irmán pequeno que ten dous anos. O meu pai despeñouse polas rochas cando estaba a marisquear e afogouse nas escuras augas deixándonos atrás a todos.
Por esta situación, a miña nai non nos pode manter a min e ao meu irmán xa que como toda muller aquí nos castros só practica a agricultura. Esto só nos permite malvivir. Moitas veces non teriamos que levarnos á boca se non fora pola solidaridade dos nosos veciños, que moi amables nos prestan axuda e se compadecen da nosa desgracia.
Ó verme soa con 18 anos e sen nada que ofrecer; a miña nai tiña a intención de desposarme cun veciño coñecido do castro, famoso nno lugar polo seu gusto pola cervexa e a festa. Mellor sería esto que morrer de fame, pero ante tal solución decanteime por outra moi diferente.
Decidín partir cara ao novo mundo. Moitos rapaces habitantes do noso castro partiron tamén e comezaron unha nova vida alí. Eu tamén quero ser un deles.
O meu destino é Lucus Augusti. Unha gran cidade, según contan.
Pero todavía me queda moito camiño por facer...
Nese momento, miña nai irrumpiu na biblioteca:
-Que fas alí parada como un estandarte?- Espetoume.
E entón, como eu tiña o propósito de que o meu descubrimento fose somentes meu e continuara sendo un segredo, contesteille:
-Buscar información para a miña clase de Historia e Xeografía de Galicia, que xa sabes que o profesor nos ten moi puteados e temos que ir ó día...
-Vale, vale. Entón non te molesto máis.- Contestou ela.

Pero como o meu estómago xa estaba pedindo a gritos algo de comida, despedinme de Ayla e a súa historia (polo momento).

3 comentarios:

  1. Oh está moi ben! Eu quedeime con ganas de seguir lendo. Por certo, gustoume ese final e esa conversa coa nai... jaja

    ResponderEliminar
  2. Pois ao profesor que "putea" xa lle tarda o segundo capítulo...Tamén está ben esta ligazón a lugo: http://www.youtube.com/watch?v=wHdepzwg0g4&feature=channel_video_title...

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas Iago:)o do profe ocorréuseme sobre a marcha (sen mala intención eh) jajajajajaja
    En breve subirei o segundo capítulo desta historia profe, como moito ó rematar esta semana porque estamos ben cheos de exames!! grazas pola ligazón :)

    ResponderEliminar