lunes, 23 de abril de 2012

Nacionalismo

No século XIX surxen movimentos asociados á mentalidade romántica.
Un dos principais rasgos é o nacionalismo. Todos sabemos que en España existen 3 nacionalismos principais; o galego, o vasco e o catalán; aínda que tan só o galego ten unha ideoloxía de esquerdas.
O nacionalismo consiste no sentimento de exaltación dos rasgos de identidade nacionais.
Baséase nunha herencia histórica común.
As causas do auxe deste movimento ó longo do século XIX poden ser explicados coma unha contestación ante o modelo centralista do momento, por unha crise da conciencia nacional que despois desembocou no desastre e perda das últimas colonias; por unha reivindicación da propia identidade histórica e principalmente por unha lingua propia.
Nunha España do sXIX, diversa e desigual, tal coma hoxe en día pero naquel tempo; personaxes como Alfredo Brañas comezarán a reivindicar a súa propia cultura a tradicións no chamado movemento rexionalista.
Aínda que de postura conservadora e cun grande achegamento ó carlismo.
O rexionalismo xurde en contraposición do centralismo e o sistema caciquil característico da época.
Pero dentro do mesmo cabe diferenciar 3 posturas:
Unha liberal, unha tradicionalista e unha federalista.
O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o provincialismo e o nacionalismo. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado un número considerable de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer as elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufriu unha gran crise cando faleceu Alfredo Brañas e cando Aureliano Pereira pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior nacionalismo galego xa estaba preparado.
¿Cómo podemos definir nacionalismo?
É un movemento político que reivindica o recoñecemento de Galiza como unha nación e dereito de autodeterminación para o pobo galego.
Segundo Vicente Risco:
"Emprégase a verba nacionalismo para designar o corpo de doutrinas que informan todo movemento de reivindicación da personalidade dos grupos naturais por frente da sorbencia dos Estados históricos. Neste mesmo senso empregámola nós. Nacionalismo galego quere dicir polo tanto, a doutrina que informa o movemento de reivindicación da personalidade de Galiza frente da sorbencia do centralismo español".
Pero o Nacionalismo, propiamente dito, nace coas Irmandades da Fala en 1916.


No hay comentarios:

Publicar un comentario