jueves, 9 de febrero de 2012

In- volucionamos?

¿Había homosexuais na Idade Media?
Aínda que pareza mentira, hoxe en día escoitamos opinións de moita xente, moi diversas, respecto ó tema de homosexualidade. Que si é unha cousa recente, que si antes non había homosexuais, que as persoas sí que son tolerante (mentres que a homosexualidade da que están falando non estea nas súas casas), que si é unha enfermidade...
Sí, isto é unha opinión totalmente actual aínda que pareza mentira se realmente se teñen dous dedos de frente.
Neste enlace poderedes comprobar por vós mesmos un perfecto exemplo dun comportamento totalmente intolerable e intolerante por parte dun  "experto" psicólogo (sí, un psicólogo) levado ó Senado polo PP que afirma que ser homosexual é unha enfermidade. Tamén afirma que un pai alcólico ou violento é causa dista "enfermidade"... Como podedes ler no enlace é o director do departamento de Psicoloxía da universidade de San Pablo-CEU, da Asociación Católica de Propagandistas.
http://elpais.com/diario/2005/06/21/sociedad/1119304803_850215.html
En realidade pode chegar a ser até gracioso para algunhas persoas este tipo de "inshidias" cara o mundo homosexual, pero non creo que eles pensen o mesmo!
Realmente hai xente que pensa o mesmo que Aquilino Polano? É triste, pero hainas.
É unha gustosa contradición por parte dos políticos "aproveitarse" dos homosexuais, non só españois senón de todo o mundo, cando no día do Orgullo Gay en Madrid obteñen grandes ganancias á súa costa.
Logo, coa visita tan esperada (por algúns) do Papa Bieito XVI, o único que obtivo a comunidade de Madrid foron pérdidas...

En fin; este pequeno preámbulo ven a conto xa que hai cousas que non só non cambiaron dende a Idade Media, senón que empeoraron.
O galego Carlos Callón, nado en Santa Uxía De Ribeira, móstranos tanto en videos coma no seu libro de ensaio "Amigos e Sodomitas" o mundo homosexual na Idade Media en Galiza.
Obtivo o premio Vicente Risco de ensadio no pasado ano 2011.

Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), en Amigos e sodomitas explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo.

Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase a institucionalización documental máis antiga da unión entre dous homes na Península Ibérica, que se produce en Galiza no século XI (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio.

Qué raro que a igrexa tivera algo que ver coa intolerancia non? Se hai unha cosa que me quedou ben clara despois dos temas que levamos dado, observando a evolución da sociedade dende o Imperio Romano até a Baixa Idade Media; é que todos os logros da sociedade véronse perxudicados pola volta atrás coa intolerancia relixiosa.
Hoxe en día, por increíble que  parezca, continúa sudecendo.










1 comentario:

  1. Tamén penso que as cousas están en retroceso... E non entendo por qué moita xente (homes) síntense mal tendo un homosexual ó lado. Eu creo que, ainda que non se den conta, moitas veces pode tratarse de que dubiden da súa sexualidade. Se eu sei que son heterosexual por qué me non me vou sentir cómodo cun gay? Teño estado só pola rúa cun homosexual e tomando algo e a xente moitas veces mírate raro. É gracioso o pouco que se coñece a xente a si mesma e como, sen que se den conta, están intentando coñecer ós demáis e olvidándose deles mesmos... Respecto ó da orixe da homosexualidade teño falado con algún que me dixo que poida que se tratase de falta de cariño do seu pai, pero dubidaba. De todos modos e degradante para un mesmo desprezar a un homosexual... E cada vez hai máis "intolerables"...

    ResponderEliminar