miércoles, 15 de febrero de 2012
Pontedeume
Nestes videos podemos observar unha pequena historia sobre o torreón de vixiancia dos Andrade e o xardín de Lombardero en Pontedeume.
Por Noelia e Elda
jueves, 9 de febrero de 2012
In- volucionamos?
¿Había homosexuais na Idade Media?
Aínda que pareza mentira, hoxe en día escoitamos opinións de moita xente, moi diversas, respecto ó tema de homosexualidade. Que si é unha cousa recente, que si antes non había homosexuais, que as persoas sí que son tolerante (mentres que a homosexualidade da que están falando non estea nas súas casas), que si é unha enfermidade...
Sí, isto é unha opinión totalmente actual aínda que pareza mentira se realmente se teñen dous dedos de frente.
Neste enlace poderedes comprobar por vós mesmos un perfecto exemplo dun comportamento totalmente intolerable e intolerante por parte dun "experto" psicólogo (sí, un psicólogo) levado ó Senado polo PP que afirma que ser homosexual é unha enfermidade. Tamén afirma que un pai alcólico ou violento é causa dista "enfermidade"... Como podedes ler no enlace é o director do departamento de Psicoloxía da universidade de San Pablo-CEU, da Asociación Católica de Propagandistas.
http://elpais.com/diario/2005/06/21/sociedad/1119304803_850215.html
En realidade pode chegar a ser até gracioso para algunhas persoas este tipo de "inshidias" cara o mundo homosexual, pero non creo que eles pensen o mesmo!
Realmente hai xente que pensa o mesmo que Aquilino Polano? É triste, pero hainas.
É unha gustosa contradición por parte dos políticos "aproveitarse" dos homosexuais, non só españois senón de todo o mundo, cando no día do Orgullo Gay en Madrid obteñen grandes ganancias á súa costa.
Logo, coa visita tan esperada (por algúns) do Papa Bieito XVI, o único que obtivo a comunidade de Madrid foron pérdidas...
En fin; este pequeno preámbulo ven a conto xa que hai cousas que non só non cambiaron dende a Idade Media, senón que empeoraron.
O galego Carlos Callón, nado en Santa Uxía De Ribeira, móstranos tanto en videos coma no seu libro de ensaio "Amigos e Sodomitas" o mundo homosexual na Idade Media en Galiza.
Obtivo o premio Vicente Risco de ensadio no pasado ano 2011.
Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), en Amigos e sodomitas explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo.
Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase a institucionalización documental máis antiga da unión entre dous homes na Península Ibérica, que se produce en Galiza no século XI (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio.
Qué raro que a igrexa tivera algo que ver coa intolerancia non? Se hai unha cosa que me quedou ben clara despois dos temas que levamos dado, observando a evolución da sociedade dende o Imperio Romano até a Baixa Idade Media; é que todos os logros da sociedade véronse perxudicados pola volta atrás coa intolerancia relixiosa.
Hoxe en día, por increíble que parezca, continúa sudecendo.

sábado, 4 de febrero de 2012
Marea
Pois nada, estaba a ver videos de Marea en youtube. Máis concretamente do seu último disco. Éste mesmo explica cómo graban o seu novo single nun Lupanar (O que me recordou ao tema dos romanos) Aquí volo deixo! Para os fans de marea e do rock n' roll!
En mi hambre mando yo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)