lunes, 9 de enero de 2012

Os anos ensínannos moitas cousas que os días ignoran

-¿Que se che pasa pola cabeza cando oes a palabra "suevo"?
-Pois... Que foi un reino fai moitos anos, aquí, na Península Ibérica...
-¿E se che digo que en qué parte dela se asentaron?
-Pois moi fácil, onde actualmente está Galiza e un pouquiño máis ó sur no norte do actual Portugal.
-Vaia... Pois aínda sabías máis ca min cando comezamos este tema na clase. Parecerache mentira pero en realidade non se saben moitas cousas nin dos suevos, nin da súa historia ou os seus costumes... Vamos, que mateime a buscar cousas en internet sobre eles para unhas cousas que tiña que facer para clase e nada! A verdade é que pouco atopei por non decir nadiña!
-A verdade e que tés razón, non che hai por alí moitas cousas dos nosos antepasados. Se leras de ben hai bastantes libros que che poderían contar a nosa historia; pero se queres eu che conto unhas cousiñas encantado.
-Vale! E que non che teño nin idea. Pero non sexas rollento que logo quedei con Roque que acaba de sacar o carné e imos ir a dar unha volta e supoño que a merendar no McAuto...
-Parece mentira que estes nenos de hoxe en día saibades máis cousas doutros países destes modernos de hoxe en día e ignoredes o voso! Ai ai ai ... Pois creo recordar unhas cantas cousiñas que ó mellor sonche de utilidade...
Por onde comezar...
Os suevos, foron uns dezmil homes, que falaban xermánico e que máis ou menos no ano 400 tiveron que fuxir.
-Fuxir? De onde? De qué? Cómo?
- Os nenos falan cando mexan as galiñas! Non me interrumpas nena que senón perdo o fío da historia que un xa ten os seus anos...
Que cómo viñeron..Pois a ver, como ben ía dicindo antes tiveron que fuxir, porque eles estaban establecidos alá polo Norte de Europa, e nese tempo estaba o Imperio Romano localizado ó oeste, e ó leste os Hunos. De maneira que os pobres suevos quedaron pechados entre estes dous, e non lles quedou máis remedio que fuxir cara ó oeste, xa que miña nena, os Hunos eran malos malísimos, arrasaban con todo, queimaban pobos enteiros; non crecía a herba por onde pasaba o cabalo de Atila.
Pero como os lindantes do oeste tampouco lles deixaban paso, tiveron que esperar a tal noite coma unha moi moi fría do ano 406, na que o famoso río Rin xeouse, e permitiu así o seu paso cara o oeste e a fuxida dos Hunos. Aproveitaron o sistema de estradas romano para o seu avance.
Despois, creo recordar que non quixeron aliarse cos romanos, estes suevos, tan libres e tan tozudos... Xa ves! Non se querían someter a eles. Entón, acabaron por asentarse na nosa Galiza actual e formando o seu propio reino, o Reino Suevo; coa súa capital en Braga. Por aquel entón, era unha zona case non romanizada na que persistía o priscilianismo e o arrianismo.
- Interesante!!! Non sabía eu iso, gústanme estes suevos e a súas decisións!
-Gústanche porque casi son tan tozudos coma tí miña nena! Xa che dixen que non me interrumpiras...
-Pero e que eso último que dixeches soábame completamente a final.
-Bueno, vale; pois espérame quietiña un pouco máis que aínda che quedan unhas pequenas cousas!
¿Sabes que todavía hoxe en día se conserva a mesma distribución por parroquias e aldeas que a que tiñan os suevos? Exactamente 134 eran as que formaban a Galicia sueva, e son as mesmas as que forman as diócesis eclesiásticas actuais.

Tamén sería importante dicir que a situación xeográfica favoreceunos moito contra os ataques porque resto da península habitaban os visigodos, e dende logo foi un punto ao seu favor o noso relevo tan accidentado. Por suposto, eles o aproveitaron e construiron grandes fortificacións para a súa defensa.
¿Quen ía pensar hoxe en día que isto sería unha desvantaxe? Moito máis caro é poñer aquí estradas que en Castela que éche todo igual, todo chan, todo seco...

- Ejem , ejem...
-Vale neniña! Xa podes marchar, pero que non se marcha tamén esta información da túa cabeza!
-Non o fará! Grazas pola conversa, que foime de gran utilidade. Vémonos á noite!
-Vémonos! E que aproveite!

3 comentarios:

  1. Sabía que iba ser interesantisímo! Gustame moito Elda a verdade tes moita imaxinación e quedouche moi ben a historia, non é para nada aburrida e lendoa aprendes moito sobre o mundo Suevo.

    ResponderEliminar
  2. Ay, Elda! Nunca fallas!(: Por unha vez da ganas de ler sobre os suevos, canta imaxinacion, quedanche preciosas as entradas. Se todo fora asi de entretido aprenderiamos mais..!

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas nenas :DD
    Alégrome de que vos guste e polo menos non vos sexa un plastón ler todo ese texto ! :)))

    Moitos bicos e ánimo que agora xa ven a Idade Media e o noso abanico de posibilidades amplíase considerablemente :))

    ResponderEliminar