martes, 20 de marzo de 2012

un acto filantrópico pioneiro na historia


Repiquetean as campás.
É hora de espertar.
Doéme a cabeza e encóntrome un pouco mareado.
-Axiña! bérrame Roque. -Hai que estar en pé e preparados para a longa viaxe que nos espera.
-Pero de verdade que tes algunha espeanza?
-Esperanzas dun futuro mellor, de coñecer mundo. Soños de ser un intrépido viaxeiro coñecendo e descubrindo a Terra dun a outro confín!
-Anda que estás tí con moitas ganas...
-Estou, amigo, estou!
-Roque, entón será mellor que nos vaiamos preparando.
-Si, tes razón, pero recorda o que nos di sempre fray Manuel: hai que ter fé! Aínda que esteamos solos neste mundo, non hai que perder a esperanza! Eu non teño nin mamá nin papá; pero teño estupendos amigos aquí coma tí que me axudan a ter unha razón pola que sorrir todos os días, aínda que non poidamos repetir comida as veces que queramos... A verdade é que non nos podemos queixar! Ti sabes como están algúns nenos por alí pola rúa?Abandonados ou sendo ladróns profesionais con 5 anos porque non teñen un anaco de pan que levarse á boca, nin eles; nin os seus irmás pequenos?
-Vale, vale... Non comeces outra vez coa historia da nosa fortuna...
-Nós estamos aquí, na Casa de Expósitos da Coruña. Temos onde durmir, temos o que comer, témonos a nós. Temos lume para quentarnos todos os invernos. Non somos ricos adiñeirados nin fillos dun poderoso fidalgo; pero aínda somos. Non coñezo mais nada de Galicia; soamente o que me contaron. Pero por exemplo os amigos xesuitas de fray Manuel tardan máis de 15 días para chegar aquí dende Madrid e din que somos completamente arcaicos, que non temos verdadeiras cidades, que non temos boas comunicacións nin bos medios de transporte, que a nosa fala non é a correcta...
-En fin... como non apures non imos chegar a tempo!
-Entón... xe podes correr!!!

-------------------------

-Ay! qué pinchazo!
-Xa está...
-Ay!
-Non chores...

-------------------------

-Estamos chegando?
-Que si estamos chegando?
Vos, nenos galegos, fostes os nenos que fixeron posible a primeira expedición sanitaria internacional de toda a historia do mundo!
Gracias a mín, Javier Balmis, e á rápida chegada da vacuna enviada por Jenner despois de finalizar os seus traballos, en tan só dous anos; extendimos a cura a todos os dominios de Ultramar do noso reino!
Esta viruela estaba ocasionando a morte de milleiros de persoas en toda Europa!
-Nos, somos eses nenos galegos...





"Non podo imaxinar que na Historia se proporcione un exemplo de filantropía máis noble e máis amplio que este."


Jenner



miércoles, 14 de marzo de 2012

Unha aventura que por unha noite foi EUMESA

Na decadente España de finais do século XVII, estábase a debatir a resolución dun grave problema para o futuro de España: o matrimonio para a futura descendencia do rei Carlos II de España.
No ano 1689 a súa primeira muller falecera sen descendencia, e Carlos II de Austria, Habsburgo ou España tiña que encontrar unha rápida solución ó seu problema. Pero ese non era o único quebradeiro de cabeza do pobre home.
Coñecido polo pobo como "O Enfeitizado", Carlos II tiña un aspecto horrible, lamentable.
Vendo cadros de él, pode observarse tal afirmación, pero aínda habería que ter en conta que os diversos artistas debuxaríano o máis favorecido que puideran; así que non é esaxerado o inconmensurable da súa fealdade. Chamábano "O Enfeitizado" xa que o pobo dicía que o seu aspecto debería de ser causado por influencias demoníacas. Ademáis, estaba o problema da súa impotencia. Pode ser que tivera o síndrome de Klinefelter (SK), causado por un hipogonadismo (carencia ou defecto do órgano sexual).
Pero xa se sabe, a grandes males; grandes remedios. Dábanlle de comer os testículos machacados dos aforcados para ver si aumentaba así a súa fertilidade.
O máis lóxico é que ista enfermidade fose causada polos frecuentes matrimonios consanguíneos típicos da realeza. Carlos II era raquítico, impotente, horrendo e corto de mente.
Un cadro bastante irónico é o de él mesmo na Sala dos Espellos, Palacio Real de Madrid.





Volvendo ó tema do seu matrimonio; había tres candidatas entre as que elixir a súa futura muller:
Unha era Isabel María de Portugal; outra Mariana de Médicis, e a última e finalmente elixida (por non ter sangue francesa) Mariana de Neoburgo; ou María Ana del Palatinado Neoburgo.
Unha muller lonxeva xa que morreu ós 72 anos de idade. Tamén escollérona pola gran extensión da súa familia (a súa nai tivera nada máis e nada menos que 23 fillas). A ver se lle tocaba esa sorte a ela.
De físico imponente; alta, pelirroxa, con curvas, atractiva. Pero vanidosa altanera e egoísta.
A VIAXE
Baviera, 3 de setembro de 1689; Corte Real Española, 22 de maio de 1690. 
Gracias a Cátedra, Revista Eumesa de Estudos; e os seus esforzos utilizando relacións de sucesos espallados polas bibliotecas portuguesas e españolas, recabouse a seguinte información:

Habéndose efectuado a voda por poderes en Alemaña o 8 de maio de 1689, comezou a viaxe da futura raíña cara España.
Como naquel entonces había unha guerra contra os franceses (como non), era necesario que a viaxe se realizara por mar. Decidiuse cruzar o canle da Mancha fronte viaxar polo mediterráneo.
A ruta a seguir era: Baviera, Holanda, Canle da Mancha, Santander e Madrid.
 O buque almirante no que viaxaba Mariana chamábase "The Duke".
Debido á constante tardanza a España, o pobo xa cantaba sátiras de que había que ir buscala a Holanda xa que senón ela non ía vir.
O 28 de Setembro comunicóuselles que en vez de ir a recibila a Santander terían que ir a Coruña polas inclemencias temporales. Así que cambiaron de rumbo cara Palencia, e de aí a Coruña a esperala.
O 26 de marzo de 1690 foi albiscada a flota que conducía á raíña Mariana de Neoburgo.
Por mor do forte vento e o mal estado da mar, foi imposible atracar na Coruña, onde a raíña era
esperada, e a flota dirixiuse á ría de Ferrol.
Se menciona o porto de Ferrol, pero esta denominación non debe confundirse coa actual cidade de Ferrol. A raíña encallou preto de Mugardos, xusto enfronte do actual porto de Ferrol e nunca chegou a pisar a cidade ferrolá.
Carlos II concedeulle á vila de Mugardos o privilexio de que os seus habitantes estivesen exentos do servicio no Exército e na Mariña, xunto coa concesión do título de Real Vila.
No Arquivo Municipal de Mugardos consérvase un documento datado o 30 de xullo de
1705, no cal Domingo de Souto (procurador real da vila e porto de Mugardos) reclama "Que la
Ciudad de Vetanzos, y su Provincia cumpla con la cedula de su Magestad y no les comparta mari -
neros soldados ni gastos".
Isto foi debido a que uns galeguiños axudaron á raíña cando desembarcou nun lugar totalmente descoñecido errando o súa ruta. Non coñecía tampouco a linguaxe nin as costumes das xentes, pero estas humildes xentes antigas poboadoras de Galicia cumpriron co seu cometido e de esta maneira foron premiados.

 
Por fin, o día 16 de abril procedeuse ao desembarco19 da raíña e leváronse a cabo as reais
entregas. Despois, púxose en camiño facendo noite en Pontedeume, onde se hospedou nunha mansión
do Conde de Lemos.


martes, 13 de marzo de 2012

Antonio de Puga, o Velázquez galego

1602-1648
Antonio de Puga foi un notable pintor barroco.
Galego, nacido na provincia de Ourense. De el non existen noticias até o ano 1635; ano no que declara o seu primer testamento. Nel declara que traballou para Eugenio Cajés, que é un pintor español pertencente ó Manierismo. Isto é un estilo artístico que predominou en Italia até o Alto Renacemento. Primeiramente este termo se entendía como "personalidade artística" pero con posteridade, topou cun sentido pexorativo de palabra, sendo utilizada para os artistas clasicistas que empregaban unha técnica fría imitando ós grandes mestres, carecendo do seu xenio creador.
Algúns historiadores cren que anteriormente da súa dedicación profesional á pintura tivo estudos eclesiásticos.
Polo tanto, da súa vida pouco se sabe, pero teño algunhas cousas interesantes que dicir sobre a súa obra.
Por un erro de Juan Agustín Ceán Bermúdez, que en su Diccionario histórico de los más ilustres profesores de Bellas Artes de España, de 1800, creu a Puga discípulo de Velázquez e atribuíulle uns cadros en Sevilla datados en 1653 (cando o pintor levaba 5 anos morto).
Polo tanto, é un pintor pouco coñecido entre nós, os galegos, que teríamos algo que dicir de él xa que forma parte do noso barroco galego.
As principais características da súa obra (comúns) son a ausencia dos paisaxes e o seu carácter costumbrista.
Os seus concidadáns ourensáns adicáronlle unha rúa, e importante é xa que foi o primeiro pintor galego recoñecido tanto a nivel nacional coma a nivel internacional.


Seguindo a miña carencia de gusto e coñecemento respecto da pintura, permitinme escoller os cadros de Puga  que tiven en mellor consideración. Son os seguintes:

 Esta obra chámase a Magdalena Penitente.
Non poñerei o verdadeiro simbolismo xa que o ingoro, e prefiro poñer o que a mín me suxire.
Suxíreme un verdadeiro atrevemento pola súa parte, xa que mezcla un desnudo de frente da muller, e na parte do fondo da composición observamos un Xesucristo na cruz.
Tendo en conta a mentalidade daquela época, sería unha obra bastante polémica, non credes?
Este segundo e último chámase o Afilador. E de carácter costumista xa que nos mostra unha actividade da vida cotidiana daquela época como é fiar. O que me chamou a atención da obra non é o feito en sí de fiar, senón que os que están a fiar son os homes, e a muller destitúese a un segundo plano observando a quen mira a obra.

Qué vos suxiren a vós?

miércoles, 15 de febrero de 2012

Pontedeume

Nestes videos podemos observar unha pequena historia sobre o torreón de vixiancia dos Andrade e o xardín de Lombardero en Pontedeume. Por Noelia e Elda

jueves, 9 de febrero de 2012

In- volucionamos?

¿Había homosexuais na Idade Media?
Aínda que pareza mentira, hoxe en día escoitamos opinións de moita xente, moi diversas, respecto ó tema de homosexualidade. Que si é unha cousa recente, que si antes non había homosexuais, que as persoas sí que son tolerante (mentres que a homosexualidade da que están falando non estea nas súas casas), que si é unha enfermidade...
Sí, isto é unha opinión totalmente actual aínda que pareza mentira se realmente se teñen dous dedos de frente.
Neste enlace poderedes comprobar por vós mesmos un perfecto exemplo dun comportamento totalmente intolerable e intolerante por parte dun  "experto" psicólogo (sí, un psicólogo) levado ó Senado polo PP que afirma que ser homosexual é unha enfermidade. Tamén afirma que un pai alcólico ou violento é causa dista "enfermidade"... Como podedes ler no enlace é o director do departamento de Psicoloxía da universidade de San Pablo-CEU, da Asociación Católica de Propagandistas.
http://elpais.com/diario/2005/06/21/sociedad/1119304803_850215.html
En realidade pode chegar a ser até gracioso para algunhas persoas este tipo de "inshidias" cara o mundo homosexual, pero non creo que eles pensen o mesmo!
Realmente hai xente que pensa o mesmo que Aquilino Polano? É triste, pero hainas.
É unha gustosa contradición por parte dos políticos "aproveitarse" dos homosexuais, non só españois senón de todo o mundo, cando no día do Orgullo Gay en Madrid obteñen grandes ganancias á súa costa.
Logo, coa visita tan esperada (por algúns) do Papa Bieito XVI, o único que obtivo a comunidade de Madrid foron pérdidas...

En fin; este pequeno preámbulo ven a conto xa que hai cousas que non só non cambiaron dende a Idade Media, senón que empeoraron.
O galego Carlos Callón, nado en Santa Uxía De Ribeira, móstranos tanto en videos coma no seu libro de ensaio "Amigos e Sodomitas" o mundo homosexual na Idade Media en Galiza.
Obtivo o premio Vicente Risco de ensadio no pasado ano 2011.

Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), en Amigos e sodomitas explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo.

Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase a institucionalización documental máis antiga da unión entre dous homes na Península Ibérica, que se produce en Galiza no século XI (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio.

Qué raro que a igrexa tivera algo que ver coa intolerancia non? Se hai unha cosa que me quedou ben clara despois dos temas que levamos dado, observando a evolución da sociedade dende o Imperio Romano até a Baixa Idade Media; é que todos os logros da sociedade véronse perxudicados pola volta atrás coa intolerancia relixiosa.
Hoxe en día, por increíble que  parezca, continúa sudecendo.










sábado, 4 de febrero de 2012

Marea

Pois nada, estaba a ver videos de Marea en youtube. Máis concretamente do seu último disco. Éste mesmo explica cómo graban o seu novo single nun Lupanar (O que me recordou ao tema dos romanos) Aquí volo deixo! Para os fans de marea e do rock n' roll!
En mi hambre mando yo

domingo, 29 de enero de 2012

Contextualización medieval en Galiza

Toda a vida do noso presente está construida en base ás sociedades de noso pasado.
Remontámonos a un período de ampla e variada cultura que temos aínda por descubrir: A IDADE MEDIA.
Hay moita información sobre estes mil anos. O primeiro de todo é saber que se divide en dúas partes: A Alta Idade Media (do século V ó X) e a Baixa Idade Media (do XI ó XV).
Pero cando falamos da Idade Media.. ¿Qué se nos pasa pola cabeza?
A mín debúxaseme na imaxinación unha nena coa súa nai rezando nunha igrexa en penumbra.
Pouca iluminación podería entrar polos reducidos vanos das igrexas románicas.
Sobre todo na Alta Idade Media é fundamental dicir que o pensamento e forma de vida das persoas estaba completamente alienado polo papel da Igrexa. En Galicia seguía a haber outras relixións que eran usuais na xente. Por exemplo, rendíanlle culto a elementos da natureza como ó mar, a unha pedra...
É dicir, que a relixión cristiana non estaba completamente identificada con todas e cada unha das partes de Galicia. Pensándoo ben, as terras de Galicia estaban prácticamente despoboadas cando caeron os últimos vestixios do Imperio Romano.
¿Qué había en Galicia?
Habitaban homes e mulleres, nenas e nenos, espallados polas chamadas "Repúblicas de Homes Libres". Ó fin das contas, dedicábanse básicamente a sobrevivir nun clima de inseguridade. As antigas grandes cidades romanas como Lucus Augusti ou Bracara Augusta estaban completamente despoboadas. Lóxico, xa que as cidades eran os primeiros sitios que saqueaban e desolaban o resto de habitantes da Península Ibérica: os nosos veciños os Vikingos. Ou tamén os bárbaros do resto de Europa. Ademáis, a Galicia éralles moi fácil acceder por mar.
Como directa consecuencia disto, foi case como un papel en branco a repoboación. Fundamentalmente realizada por curas, bispos e señores feudais. A causa principal desta repoboación foi o "descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago" e Xacobeo. Foi ordeada por Alfonso II O Casto, Rei de Asturias. Con este Xacobeo, ou "ano de perdón"; Galicia conseguiu ser o principal centro de peregrinación de todo o mundo. Qué gozada poder cometer todas as atrocidades e inmoralidades que un quixera se ó viaxar a Compostela en Ano Santo estaba un completamente absolto dos seus pecados! E podería ir ó ceo sen sequera pasar polo purgatorio! Pero vaia choio!
Vivían nun absoluto teocentrismo, por eso é moi importante ter en conta o papel da Igrexa sobre todo na Alta Idade Media. Obviamente a xente do común non tiña acceso ningún á cultura, e iso foi outra causa que favoreceu o alienamento da poboación por parte da Igrexa.
Pero isto é somentes unha pequena parte da vida na Idade Media...
¿Cómo vivía unha familia na Idade Media?
Pois depende de en qué estamento se colocara. Arredor do 80% da poboación formaban parte do terceiro estamento. A diferenza das clases sociais actuais, as cales se definen por intereses económicos; os estamentos estaban definidos xa por nacemento. Se ti eras campesiño, ías morrer como tal. E tamén os teus fillos.
Vivían en pallozas e tiñan unhas moi malas e duras condicións de vida. Convivían cos animais que tiveran dentro da casa. Mentres que os nobres, o clero e señores feudais tiñan un nivel de vida completamente impensable para os campesiños.
Pero ¿quén dictaminaba isto?
Deus. Esa é a mellor resposta para todas as preguntas molestas. Igualmente que no Antigo Réxime cando se preguntaban quén nomeaba os reis. E punto. Así non había discusión que valera.
Foi entonces cando se orixinou o feudalismo e sistema de vasallaxe. Como protección ante as racias dos vikingos. Formáronse condados, pequenas extensións de terreo gobernadas por un señor feudal. Os vasallos rendíanlle fidelidade ó amo coa finalidade de non estaren desamparados nesa clima de inseguridade que era a Alta Idade Media.
As terras concentrábanse na nobreza e no clero polo sistema de encomendas.

Eu pregunto... Terá que pasar o tempo para que as nosas xeracións futuras observen o noso actual presente e denuncien esta inxustiza como nós denunciamos a dos nosos ancestros medievais?